miércoles, 21 de octubre de 2015

COMEZO DO CURSO DE CARNICEIRO PROFESIONAL


curso carniceiro

Onte deu comezo, na cociña do Parque Público A Canuda, o curso de Carniceiro/a Profesional, que se enmarca dentro da programación formativa do segundo semestre que oferta o Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara de Comercio.

Neste curso, actualmente participan 16 alumnos/as. E divídese en varios puntos, como é a seguridade e hixiene no posto de traballo, útiles e maquinaria necesaria para levar a cabo o traballo, control de temperaturas e cadea de frío, protocolo sanitario, recepción de mercancía, canais e razas diferenciando por idade e peso, despece detallado, montaxe de expositor, atención ao cliente, fabricación de elaborados e asignación de lotes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario