miércoles, 14 de octubre de 2015

LÁCTEOS NAS AULAS


lacteos


Un ano máis, o Concello de Salvaterra de Miño promove as Xornadas de Consumo de Lácteos nos Centros Educativos do Municipio, co fin de crear hábito de consumo deste produto entre os máis cativos.

Este proxecto está destinado a máis de 1.100 nenos e nenas dos Colexios de Infantil e Primaria, do Centro Rural Agrupado e do Instituto do Municipio. Eles serán os beneficiarios desta campaña de consumo de lácteos que organiza o Concello.

Organismos Internacionais como a FAO e a UNESCO recomendan os lácteos como alimento indispensable para a nutrición humana, xa que son especialmente ricos en proteínas e calcio de fácil asimilación, nutrientes moi importantes nas etapas de crecemento e desenvolvemento, así como para o mantemento da masa ósea e muscular.

O seu consumo ten grandes beneficios xa que é un excelente aporte de proteínas, unha fonte natural de calcio, axudando a formar e manter ósos e dentes sans, conten fósforo, magnesio, potasio e vitamina A.

Un consumo diario ten uns grans beneficios, polo que con esta campaña preténdese promover e crear un hábito de consumo diario deste produto, a través do reparto de iogures líquidos, que cada centro distribúe de acordó co seu programa de actividades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario