miércoles, 21 de octubre de 2015

REMATE DO CURSO DE PEIXEIRO PROFESIONAL


curso de peixeiro


O luns 19 de outubro rematou o primeiro Curso de Peixeiro/a Profesional organizado polo Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara de Comercio, curso impartido na cociña do Parque Público A Canuda. 

Neste curso impartíronse os coñecementos para realizar o despacho de peixe de forma adecuada, coñecer o modo de compra dos produtos da pesca na lonxa, realizar o lavado, descabezado, eviscerado, escamado e fileteado de peixes, así como coñecer os sistemas de conservación, con partes teóricas, onde se examinaron os diferentes peixes de auga doce e salada, crustáceos e tipos, moluscos, equinodermos, técnicas de comprobación do grado de frescura do peixe, útiles de traballo e equipos da peixería, normas e características de almacenamento do peixe e marisco, desconxelación de produtos, métodos e efectos, envases e presentación de produtos, hixiene alimentaria na venta de peixe, cálculo de precios do peixe e técnicas de venta.

Na parte práctica traballouse os procedementos para a limpeza do peixe e preparación para peixes brancos, peixes azules, salmón, cefalópodos e outras especies menos habituais que se trouxeron para mostrar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario